viernes, 12 de junio de 2020

Zoe e a charca

Amigochxs , a nosa compañeira Zoe nos amosa un video moi interesante  sobre as rás e os peixes da súa charca.


Animalandia na casa de Anxo

A casa de Anxo semella un lugar onde os animais domésticos e salvaxes atópanse agusto.
Será por que os animais perciben que a Anxo e a Sara lles gusta moito a natureza? 
Será por que Anxo coida e mima a todo aquel ser vivinte que se deixa aparecer pola súa vivenda?.
Unha gran sorte visitar  a casa de Anxo!!




Yago e a cenoria

Yago amósanos  o moito que medrou a cenoria que plantou hai unhas cantas semanas.
Fantástico Yago!!!

martes, 9 de junio de 2020

Julia e Saray nos falan do muiño.

As nosas compañeiras Saray e Julia nos van contar como funciona un muiño.Poñede moita atención porque o que contan é moi interesante.

lunes, 25 de mayo de 2020

Adriana e os cinco sentidos

Adriana fíxose unha experta nos 5 sentidos do corpo humano e nolo quere ensinar neste video.

miércoles, 20 de mayo de 2020

Letras Galegas 2020

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas  as alumnas e alumnos do noso cole participaron na elaboración  deste video.
Esperamos que vos guste!



martes, 19 de mayo de 2020

Xogamos?

O profe Rober déixavos un xogo divertido para que pasedes un ratiño agradable  xogando en familia.


Se queredes xogar a través do enlace  premede en: xogo

Damián e os planetas

O noso compañeiro Damián presentanos o seu traballo de investigación de ciencias sobre os planetas.
A información  é moi interesante  e a forma de presentalo moi orixinal.
Grazas por compartilo, Damián!!


martes, 12 de mayo de 2020

O reto de educación física

Amigochxs, o profe de educación física preséntanos un reto do deporte ..
Alguén se anima?, 
Aí vai o video!!
Grazas profe Rober!! 

Adriana e a respotería

Este sábado pasado aproveitando que facía bo tempo , Adriana e a súa nai remangáronse e decidiron facer unha empanada de atún con ovos e olivas e unhas ricas bolachas con chips de chocolate .... ricooooo!!!




Grazas Adriana por compartilo con nós. 

Yago e a maratón

 Yago está moi atarefado resolvendo as propostas da maratón de lingua..
Alguén se anima? 
Grazas Yago por compartilo con nós. 

Mateo e Tomás xogan co lapis



Mateo e o seu irmán Tomás  divírtense coas propostas de educación física.
Grazas Mateo por compartilo con nós

Saray amósanos o que fai na súa casa


Saray amósanos os traballiños que está a facer na súa casa: repotería , xardinería, coida dos seus piriquitos...







Deste xeito o seu xardín  está ben lindo de plantas que ademais podemos comer, como é esta patata. 🌱
Grazas Saray por compartilo con nós

sábado, 9 de mayo de 2020

Traballiño de Samara











Grazas Samara Puch, por recordarnos a clasificación dos animais e as partes da planta!



O parto cadela de Paola


A cadela de Paola tivo cachorriñxs e quixo compartir con todxs a través do video que atoparedes ao final, o nacemento! 
Menuda experiencia!
Grazas Paola, eu no tivera ocasión de ver un parto dunha cadela ata hoxe!!









miércoles, 6 de mayo de 2020

Érika e os sacos matemáticos

Para aqueles e aquelas que non recordan moi ben como se resolvían  os sacos  matemáticos, aquí vai un titorial moi ben explicado  que Érika fixo para todos e todas nós.
Que o disfrutedes!!

Grazas Érika!!

martes, 5 de mayo de 2020

Adriana fai ioga

A Adriana dáselle moi ben facer ioga na casa.Varias posturas e un video quere compartir con todos nós. 
        Fantástico Adriana!!!









lunes, 4 de mayo de 2020

Yago e a planta

Amigochxs!
Hoxe Yago  quere compartir un video con nosco  moi inspirador. Algo tan sinxelo como plantar unha planta que nos da osíxeno grazas ao proceso da fotosintese.  
 Grazas Yago!!

A maratón de Martín

Boa tarde amigochxs!
  Xa comezastes coa Maratón de lingua galega?Hai quen  non perde comba e xa nos amosa unha das probas.
Fantástico, Martín , vaia coordinación máis boa!!

jueves, 30 de abril de 2020

As creacións de Zoe

Ola amigochas e amigochos!!!
A nosa compañeira Zoe non para de crear e crear.
Ten unha casiña nunha árbore, moldea e  fai figuriñas moi chulas como esta.
Vos imaxinades en quen se inspirou?
Claro!! no seu can Roco!!
Grazas Zoe por compartir!!.

Contacontos en galego

Ola amigochas e amigochos!!!
Deíxovos un enlace para que poidades ver contos en galego que están moi chulos .
Unha maneira sinxela de pór a funcionar o noso oído e adquirir vocabulario en galego.
 premede a continuación
CONTOS EN GALEGO 


Aquí vai un conto dos moitos que podedes ver  se premedes no enlace




miércoles, 29 de abril de 2020

Os niños de Sergio!

Ola amigochas e amigochos,
Estes días Sergio amósanos neste video como facer  un niño para paxaros con material de refugallo.
Agora que comezou a primavera , vos animades  a facer un?
Grazas Sergio!

martes, 28 de abril de 2020

Os paporubios na finca de Noa

O outro día, na videoconferencia grupal, Noa, contábanos que no muro da súa finca aparecera un niño de paporrubios, que hoxe quere compartir con todxs vós.


sábado, 25 de abril de 2020

Aves enjauladas

Unha mostra  de apoio para todos e todas que seguimos confinados nas nosas casas.
Que faremos cando poidamos sair ?
Rozalen, con esta fermosísima canción nos da unhas cantas ideas.
Que a  gocedes!!

Viaxando con 2ºA

Recordando momentos inolvidables de 2ºA e darlle os parabéns  a  Uxía ,Nuria e Yago   por  estar de ANIVERSDARIO nestes dous meses de confinamento.

O perfume de Anxo

Amigochxs!
O  noso compañeiro Anxo  volve  cun video explicativo de como se fai perfume de rosas.
UUUHHHMMM QUE BEN ULE Anxo!!

Os cabritos de Mateo

Amigochos e amigochas,  a natureza non deixa de sorprendernos.
Tomás, o irmán de Mateo  ten un chubasqueiro do mais saboroso para os seus cabritos.
 Que non o credes?
mirade , mirade!!

Que animais mais  xoguetóns!! 
Estes mamíferos moita herba comen!!


viernes, 24 de abril de 2020

A horta de Anxo

O  noso compañeiro Anxo e a súa familia están aproveitando moi ben este confinamento  facendo  unha horta ben xeitosa e preparando varias sementes para que dean novos froitos.





 Grazas Anxo e familia!!


Vega creativa

Ola amigochos e amigochas!!
Estes días  a nosa compañeira Vega mandounos unhas imaxes moi chulas do que está a facer  ela soíña coas súas mans .
Mirade, mirade!!
Grazas Vega por compartir!!!




jueves, 16 de abril de 2020

Omar

Omar comparte con todxs nós o que está a facer na casa coa súa nai e o seu irmán!

Ten tempo para traballar e para facer umha das cousas que máis lle gusta, cociñar!! Grazas Omar por compartir con nós as túas vivenzas




miércoles, 15 de abril de 2020

Bruno e o seu circuito para patinetes

Ola amigochos e amigochas!!
 O noso compañeiro Bruno non para de facer cousiñas interesantes.
Unha das súas  creacións foi a  dun círcuito de patinetes  que preparou xunto coas súas irmás.
Queredes ver  o ben que lles quedou?
Premede en Circuito 

Grazas Bruno por compartir un anaquiño do que fas.

lunes, 13 de abril de 2020

Nuria non deixa de facer cousiñas

A nosa compañeira Nuria non para de traballar. Nestes días de bo tempo aproveita para estar fóra da casa e plantar  cebolas ou mesmo preparar uns doces en forma de estreliñas a puntiño de meter ao forno... deliiiiicius!! 



 Grazas Nuria por compartir!!

jueves, 9 de abril de 2020

O papaventos de Iria

A nosa compañeira Iria sempre está facendo cousas para non aburrirse e cando  vai bo tempo non hai como sair  polas leiras e facer voar ao papaventos.
Que imaxes mais chulas Iria, grazas por compartilas!!