miércoles, 31 de octubre de 2018

Samaín

O noso Neira Vilas amenceu terroríficamente cuberto de zombis, momias e teas de araña e é que o Samaín chegou de cheo ao noso cole. Gozamos dunha xornada do máis divertida con caras que daban medo, sustos que arrepíaron e o sendeiro dun camiño altamente cargado de misterio e mooooi tenebroso.

Disfrutade coas imaxes























sábado, 27 de octubre de 2018

MAGOSTO NO NEIRA VILAS !!


Ola amigochos!!
Hoxe celebrámolo magosto!!
Fomos a Área de lecer do monte de peitieiros para gozar dunha xornada do máis divertida: xogamos a xogos tradicionais, cantamos cancións moi propias desta festa e ..comemos castañas e enfarruxámonos..
Aquí vos deixamos cunhas imaxes que recollen moi ben o día lindo de hoxe.Disfrutade véndoas!!






















viernes, 5 de octubre de 2018

3,2,1...despegue!!!


Ola amigochos!
Hoxe estreamos blogue de 1º ciclo.
Queremos ensinarvos moitas das cousas que temos e imos facer aquí, nas nosas clases de 1º e 2º.
Xuntos imos vivir máis de unha peripecia... a primeira xa foi xuntarnos na clase de audiovisuais para organizar os obradoiros  que levaremos a  cabo todos os luns pola mañá e que neste curso serán:
-Contos animados
-Peitiartistas 
-Con-Ciencia a tope!!
-Ioga e relaxación
-Pincel e pluma.
Cada un de nós  e, por equipos,pasarémolo xenial nos  cinco obradoiros.
Como un destes obradoiros vai de contos aquí o voso amigo o pirata LEOPATA , compañeiro de megalecturas vos deixa un contiño.
Ata pronto !!