Co gaio do "DÍA DA PAZ", na escola tivemos un dia un tanto diferente: os compañeiros e compañeiras de 4º A, recitáronnos unha poesía moi especial en torno a paz(grazas compas!!); ao voltar do recreo, todo o cole, xuntouse no ximnasio para ver unha obra de teatro preparada polos compañeiros de 3º e 4º. A continuación, interpretamos todos xuntos a canción de " Héroes" de Mariah Carey en Lingua de Signos Española. Ao rematar, fomos plantar unhas plantas baixo a oliveira que está na entrada do cole. Aquí tendes una pequena mostra deste día tan emotivo e especial.
E recordade, que a paz comeza cun soriso!!!
Que bonito compis!!
ResponderEliminar