jueves, 20 de diciembre de 2018

Recomendacións lectoras




Aquí tendes unha recopilación de libros relacionados co proxecto deste ano.

Aguinaldo de nadal

Como xa é tradición no CEP Neira Vilas, a cativada vai cantando villancicos polas clases en busca do aguinaldo. O alumnado de 1º e 2º fomos cantarlles os maiores do cole, 5º e 6º.

 

miércoles, 19 de diciembre de 2018

5 sentidos temos

Esta semana as nenas de 1º A, viñeros a ensinarnos aos de 1º B, unha canción estupenda para aprendernos os sentidos! Grazas !

Yememacusin

Aquí tendes a canción con ritmos afrecanos que empregamos en 1º para aprender o vocabulario das partes do corpo en galego. 

Xesto-Fonema

Como xa sabedes, para facilitar a interiorización dos fonemas no proceso lectoescritor, nas clases de 1º asociamos os fonemas a un xesto. Para que desde casa, teñades acceso ao xestos que empregamos, e co fin de que poidades apoiar dito proceso, aquí tendes un video ca cativada de 1º .


Contacontos

O luns, a profe Noe, sorprendeunos, traendo unha maleta misteriosa a nosa aula. Ao apagar as luces, descubrimos que a sua maleta contiña unha luz moi especial ( luz negra ) Contounos o conto de "nadarín" . Aquí tendes unha pequena mostra, desta versión tan fantástica! Grazas profe Noe! 

Visita do equipo AMFIV

Continuándo co traballo en torno á diverdidade, a semana pasada, tivemos a sorte de contar coa plantilla do AMFIV, equipo de baloncesto en cadeira de rodas. Primeiramente, contáronnos os distintos tipos de discapacidade que podemos atopar, ás suas historias peroais e resolveron todas as nosas preguntas. A continuación, puidemos probar a desplazarnos en cadeira de rodas. Aquí tendes unha pequena mostra da parte práctica. 



Convidáronnos ao último partido do 2018 ( o sábado pasado ) e onde puidemos atopar a uns compas apoiando ó AMFIV!Aquí tendes o video do partido! Os que non puidestes ir ,non vos preocupedes, voltan xogar no polideportivo Pablo Beiro, de Bouzas (Vigo)o 19 de xaneiro!