jueves, 30 de abril de 2020

As creacións de Zoe

Ola amigochas e amigochos!!!
A nosa compañeira Zoe non para de crear e crear.
Ten unha casiña nunha árbore, moldea e  fai figuriñas moi chulas como esta.
Vos imaxinades en quen se inspirou?
Claro!! no seu can Roco!!
Grazas Zoe por compartir!!.

Contacontos en galego

Ola amigochas e amigochos!!!
Deíxovos un enlace para que poidades ver contos en galego que están moi chulos .
Unha maneira sinxela de pór a funcionar o noso oído e adquirir vocabulario en galego.
 premede a continuación
CONTOS EN GALEGO 


Aquí vai un conto dos moitos que podedes ver  se premedes no enlace




miércoles, 29 de abril de 2020

Os niños de Sergio!

Ola amigochas e amigochos,
Estes días Sergio amósanos neste video como facer  un niño para paxaros con material de refugallo.
Agora que comezou a primavera , vos animades  a facer un?
Grazas Sergio!

martes, 28 de abril de 2020

Os paporubios na finca de Noa

O outro día, na videoconferencia grupal, Noa, contábanos que no muro da súa finca aparecera un niño de paporrubios, que hoxe quere compartir con todxs vós.


sábado, 25 de abril de 2020

Aves enjauladas

Unha mostra  de apoio para todos e todas que seguimos confinados nas nosas casas.
Que faremos cando poidamos sair ?
Rozalen, con esta fermosísima canción nos da unhas cantas ideas.
Que a  gocedes!!

Viaxando con 2ºA

Recordando momentos inolvidables de 2ºA e darlle os parabéns  a  Uxía ,Nuria e Yago   por  estar de ANIVERSDARIO nestes dous meses de confinamento.

O perfume de Anxo

Amigochxs!
O  noso compañeiro Anxo  volve  cun video explicativo de como se fai perfume de rosas.
UUUHHHMMM QUE BEN ULE Anxo!!

Os cabritos de Mateo

Amigochos e amigochas,  a natureza non deixa de sorprendernos.
Tomás, o irmán de Mateo  ten un chubasqueiro do mais saboroso para os seus cabritos.
 Que non o credes?
mirade , mirade!!

Que animais mais  xoguetóns!! 
Estes mamíferos moita herba comen!!


viernes, 24 de abril de 2020

A horta de Anxo

O  noso compañeiro Anxo e a súa familia están aproveitando moi ben este confinamento  facendo  unha horta ben xeitosa e preparando varias sementes para que dean novos froitos.





 Grazas Anxo e familia!!


Vega creativa

Ola amigochos e amigochas!!
Estes días  a nosa compañeira Vega mandounos unhas imaxes moi chulas do que está a facer  ela soíña coas súas mans .
Mirade, mirade!!
Grazas Vega por compartir!!!




jueves, 16 de abril de 2020

Omar

Omar comparte con todxs nós o que está a facer na casa coa súa nai e o seu irmán!

Ten tempo para traballar e para facer umha das cousas que máis lle gusta, cociñar!! Grazas Omar por compartir con nós as túas vivenzas




miércoles, 15 de abril de 2020

Bruno e o seu circuito para patinetes

Ola amigochos e amigochas!!
 O noso compañeiro Bruno non para de facer cousiñas interesantes.
Unha das súas  creacións foi a  dun círcuito de patinetes  que preparou xunto coas súas irmás.
Queredes ver  o ben que lles quedou?
Premede en Circuito 

Grazas Bruno por compartir un anaquiño do que fas.

lunes, 13 de abril de 2020

Nuria non deixa de facer cousiñas

A nosa compañeira Nuria non para de traballar. Nestes días de bo tempo aproveita para estar fóra da casa e plantar  cebolas ou mesmo preparar uns doces en forma de estreliñas a puntiño de meter ao forno... deliiiiicius!! 



 Grazas Nuria por compartir!!

jueves, 9 de abril de 2020

O papaventos de Iria

A nosa compañeira Iria sempre está facendo cousas para non aburrirse e cando  vai bo tempo non hai como sair  polas leiras e facer voar ao papaventos.
Que imaxes mais chulas Iria, grazas por compartilas!!

A torta de queixo de Yago

Amigochas e amigochos  mirade que pinta máis rica ten esta torta de queixo feita polo noso compañeiro Yago, deliciiiiiuuuus!!
     Grazas Yago  por deixarnos a receita!!


O debuxo de Uxía

Amigochos  e amigochas hoxe unha nova balea debuxada pola nosa compañeira Uxía asomouse polo instagram da CEMMA. 

sábado, 4 de abril de 2020

As multitareas de Mirta

 Amigochxs!!!  a nosa  compañeira Mirta nos manda imaxes e algún que outro video  da variedade de cousas que está a facer; dende  plantar coa avoa Mari, mover o viño do avó Lino , facer de chef reposteira dunha deliciosa tarta de bolachas, ah ! e danzar sobre as burbullas estraladoras. 
Que riqueza poder disfrutar tanto das pequenas, pero esencias, cousiñas da vida.!!
Grazas por compartir Mirta!! 








Día 2 de abril.Día do libro Infantil y juvenil

O día 2 de abril foi o Día do libro infantil y juvenil e a profe Isa contounos un conto moi lindo.Aquí vai: Calvin ten cuidado!!
e  pasaredes un ratiño entretido.

As recomendacións de Yago

As recomendacións que nos da Yago neste video para coidar o noso planeta  son  moi faciliñas de facer e  con elas contribuímos a mellorar esta xigante casa onde vivimos todas e todos.
Aí vos van.

A toniña de Irene

Hoxe ao ver o instagram apareceu unha nova na CEMMA ( Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños),dirixida por Alfredo López e que  quero compartir con todos vós:

Que toniña máis chula Irene!!!
Parabéns compañeira!!
Vos animades a mandarlle a vosa toniña  para que a colguen  como fixeron coa toniña de Irene?
Ánimo!!


jueves, 2 de abril de 2020

Os zancos de Sergio

Ola amigochxs!!
Sergio amósanos o ben que se lle da subirse  nos zancos e manter o equilibrio.
Alguén se anima?

A frauta máxica de Mateo

Ola amigochxs: 
Mateo amósanos dende o xardín da súa casa  o ben que sabe tocar a frauta.


Fantástico Mateo!!