domingo, 31 de marzo de 2019

Esta semana estamos traendo ao cole novos seres vivos á clase , as nosas amigas as plantas: kalachoe, ranunculo, Sufrinia, Suculenta , alegría, begoña, Aloe Vera, Herbaboa, Tomatero, Rabanillo, amorodos, fabas.... todas elas con coidados especiais que , cada un de nós encargámonos de supervisar cada día.
Aquí vai unha reportaxe fotográfica.






miércoles, 27 de marzo de 2019

Canto mide?

Grazas ao libro "Superpreguntones de animales" que trouxo Anxo para compartir coas compas... Es tivemos a descubrir canto miden algúns animais mariños.

Despois o representaron nunha recta que eles mesmos debuxaron no corredor.

Hoxe Aitana amosounos unhas cartas de dinosaurios moi chulas! Nas que se podía obter información, entre outras cousas, en relación á medida dos dinosaurios. Por iso, tamén foros incorporados á recta e posteriormente elaboraron cada un o seu mapa conceptual coa información interpretada.











jueves, 21 de marzo de 2019

día do elle

E continuamos tendo mañás atarefadas coma a de hoxe onde  esta vez foi a quenda do –ll e o -Y
Xa coñecemos dúas letras mais , agora xa podemos escribir e ler  por exemplo: mollado,mellor,millo...

















Parabéns Uxía!!

Ola amigochos!! 
Hoxe a nosa compañeira Uxía celebrou con todos nós o seu 7º aniversario.
Parabéns Uxía!!
O biscoito azul que elaborou con Sara,a súa nai, estaba boísiiiimo!!
Grazas!!!








miércoles, 20 de marzo de 2019

Todos somos especiais

Hoxe realizamos unha actividade moi emotiva.. É unha técnica cooperativa coñecida como "a silueta" . Primeiramente,debuxamos a nosa silueta en papel continuo e, a continuación, cada compa escribiu porque consideraba que son especial.

O obxetivo que se pretende con esta dinámica é actuar sobre a autoestima individual e sobre a de toda a clase, buscando la cohesión do grupo e que todxs e cada un síntase ben dentro da clase. 








viernes, 15 de marzo de 2019

Sesión mooooiii relaxada!!



Hoxe tivemos unha fantástica e  moi relaxada sesión de Ioga con Noelia, a mamá de Gael.
Representamos diversos animais co noso corpo, medios de transporte  e incluso elementos da natureza: árbores, montañas.. Coas nosas imaxinacións  ulimos flores  e sopramos candeas  para reforzar esa respiración consciente .Outra forma  fabulosa de aprender a aprender...
Mil Grazas Noelia!!









Juventud x el clima. Fridays for future

 Co gaio da folga polo clima do 15 de marzo, reflexionamos sobre o que sabemos do cambio climático.

miércoles, 13 de marzo de 2019

APRENDIZAXE INTERCICLO


Hoxe o alumnado de 6ºA e 6ºB fíxonos unha mostra das súas creacións sobre a electricidade, foi fabuloso aprender das nosas e nosos compas de 6º.
Grazas compañeirxs!!!