viernes, 31 de mayo de 2019

Venres polo cambio climàtico

Ola amigas e amigos.
Hoxe,un venres máis  concentràmonos para que o noso planeta non enferme máis causado polas actuacións negativas dos seres humàns: contaminar e contaminar...lixo e máis lixo...plàstico e máis  ...incendio e máis incendio...Xa, non máis!!! 

Expertos en contacontos

Amigochos!!
Estamos empregando as horas de lectura de estes días para ler contos  e explicando  as nosas liñas do tempo a  outros compas doutros cursos..é fascinante!!

REFUGALLO MUSICAL


Ola amigochos !!
Hoxe aprendimos como facer ¨Música ¨con material de refugallo.
José amosounos distintos materiais de refugallo que podemos atopar por casa  e REUTILIZALOS  en instrumentos musicais.
Animámonos a construir os nosos instrumentos  para a nosa orquestra?

Pincel e pluma


Ola amigochos!!
O obradoiro de Pincel e Pluma estase convertindo nunha auténtica galería de arte froito da nosa creatividade en conxunto.
Antes da producción artística hai uns pasos previos que hai que realizar: seleccionar o tema, preparar ou acondicionar o espazo para pintar con pintura líquida e concretar as cores e a cantidade de pintura que se precisa para que o derroche e coidado do medio ambiente estea tamén presente en todas as actividades que realicemos, tanto dentro como fora da escola.

miércoles, 29 de mayo de 2019

Macedonia de froita

Despois da visita de onte ao mercado de Gondomar, hoxe estivemos a preparar unha deliciosa macedonia de froita. ESTABA BOIIIIIIISIMA! ÑAM ÑAM! 







martes, 28 de mayo de 2019

Teatro e moito mais!!!


Ola amigas e amigos.
Hoxe tivemos unha xornada do mais atarefada .
Nada mais entrar no auditorio do concello¨Lois Tobío¨mergullámonos no planeta Leo-T e coñecimos a MARTES un personaxe que nos fascinou coas súas aventuras.

Ao remate ,xa as nosas tripas nos pedían comer, así que alá nos fomos a merendar ao parque .





Disfrutamos moito dese ratiño .




Continuamos coñecendo  Gondomar e aventurámonos no concello;  esa casa enooorme onde traballa , ademais do alcalde, outras moitas persoas para que  todo o que se refire a Gondomar funcione o mellor posible.A policía tamén nos amosou  como se organizan e  xestionan o traballo que desempeñan.





E por ultimo,a profe Isa botou a andar e nós detrás dela, ata chegar a..
 PRAZA DE ABASTOS; un espazo inmenso  con postos de peixaría
,carnizaría e froitaría.

 Coñecimos a Noelia , a froiteira que nos atendeu e agasallou con nísperos depois de mercarlle a froita para facer a macedonia na clase.

Irene e Gael foron os encargados de calcular os euros que precisabamos para pagarlle a froita.

Unha mañá moi ben aproveitada!!

domingo, 26 de mayo de 2019

jueves, 23 de mayo de 2019

Verme de seda

Os nosos vermes de seda, xa están a facer o casulo. Onte tivemos a oportunidade de observar durante a mañá, como foron creando o casulo.



martes, 21 de mayo de 2019

cracontos


Craconteiros e craconteiras que divertido o pasamos contando os nosos contos aos compañeiros e compañeiras da aula de educación  infantil de Peitieiros… aquí van unhas cantas imaxes.
Que as disfrutedes.








lunes, 20 de mayo de 2019

Liñas do noso tempo

Amigochos estes días estamos  amosando os nosos traballos das nosas liñas do tempo…marabillosos encontros de grandes momentos da vida dos/das nosas pequenas.
Aquí van unhas mostras