viernes, 20 de diciembre de 2019

O día de Yani por adiantado

No cole adiantamos un día o aniversario de Yani, para poder celebralo toda a clase xunta. 
Deixámosche o vídeo dos pitufos, que tanto gozamos no teu día, para que te lembres de nós. 
    Parabéns, Yanira!!!

jueves, 19 de diciembre de 2019

Julia convídanos polo seu aniversario...

Chegou o día de Julia e convidounos a unhas froitas comprometidas co medio ambiente. 

Ademais coas iniciais dos nosos nomes, feitas por ela e a  súa familia, repasamos o abecedario. Podedes ver o vídeo e comprobar que somos grandes artistas.


Parabéns, Julia, e grazas pola túa adicación!!!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Hoxe nos fala de cunchas...

            Vera!!! 
Apeteceulle compartir connosco os seus coñecementos e colección e atendémoslle con moitísimo interese. 
Grazas compañeira por pensar en nós e adicarnos o teu tempo. 

miércoles, 11 de diciembre de 2019

Repoboamos?

Ola Amigochxs!!
Aquí vai unha maneira doada de colaborar coa repoboación dos nosos bosques.
Anímaste?

NEIRAPLANETA MAIS LIMPO

Co motivo da cumbre celebrada en Madrid polo cambio climático o noso colexio quixo por o seu graniño de área manifestando por un planeta mais limpo.


DESPLASTIFICÁMONOS

E seguimos desplastificándonos nas nosas merendas
PARABÉNS POR COLABORAR POR UN PLANETA MAIS LIMPO 






Hortiña que quero tanto

Ola amigochxs!!

Moooooito fríiiio pero inda así non deixamos de ver como medran vexetais na nosa horta 





lunes, 2 de diciembre de 2019

Levy cumple un aniño máis...


Hoxe celebramos con Levy o seu día, convidounos a un biscoito de chocolate feito con ingredientes saudables.
Confirmamos que estaba deliciosooo,
grazas compañeiro e parabéns!!


jueves, 28 de noviembre de 2019

Excelente actuación no intercontos entre o alumnado de 1º e 2º.
PARABÉNS           ARTISTAS!!



cuidame!

O noso graniño de area na  loita contra  o maltrato.
Nesta semana cultural queremos amosar  o moito que nos poden ensinar a arte nas súas vertientes.
Disfrutade desta arte visual e musical

lunes, 25 de noviembre de 2019

cantamos o 25 N en lingua de signos

 25 de novembro
día Internacional contra a violencia de xénero.
cantamos a canción 
¨si tienes miedo¨ de Amaral


domingo, 24 de noviembre de 2019

a vida

Ola amigochxs!! 
Estes días  en ciencias estamos aprendendo o aparello reproductor feminino e masculino  e como se produce o milagro da vida no interior do ventre da nai.
Aquí van uns videos para entendelo






viernes, 22 de noviembre de 2019

O día de Yoel

Hoxe Yoel estivo de aniversario e convidounos a unhas deliciosas madalenas feitas por el mesmo, axudado pola súa familia. Estaban riquisísimasssss😋
  PARABÉNS, YOEL!!

viernes, 15 de noviembre de 2019

a horta


Amigochxs!!
A horta  do colexio precisa compañía, e alá nos fomos os mais pequenos a plantar berzas para eses calóricos cocidos,  ouregos e perexil, para condimentar ricos  peixes,carnes, pasta, pizzas... e sobre todo fomos a horta porque precisamos estar  en contacto coa natureza e sentila, xa que das plantas conseguimos,  non só alimento e materiais, senón algo imprescindible para todo ser vivinte: oxíxeno! 


fotografía Hugo Caeiro

martes, 12 de noviembre de 2019

O corazón

O corpo humano,  toda unha aventura por descubrir...



O NOSO AMIGO HENRY

Amigochas e amigochos, hoxe tivemos unha fantástica e graciosa sesión de contacontos a cargo de Hugo e Martín que nos contaron o conto  ¨O incrible  neno devorador de libros¨,
aquí vai unha pequena mostra e o conto.
 


sábado, 9 de noviembre de 2019

Moitas cousas que amosar e contar

A semana pasada Nabia foi percorrer o mundo e trouxo unhas fotos e moita información desa viaxe!! Falounos, sobre todo, da evolución do ser humano :







Por outra banda, Alba amosounos fotos do novo membro co que contan na casa.. A burra cuca! Contounos algunhas anécdotas e a observación das imaxes tamén servíunos para repasar a clasificación dos animais e as súas características. 


Grazas as familias de Nabia e de Alba polas fotos!!!! 

miércoles, 6 de noviembre de 2019

rimando

Amigochx, mira as fantásticas rimas que fixeron xs compas de 2ºB cos seus  nomes. Anímaste a facelo tí co teu nome?

xestiabecedario

Ola amigochxs!!
Hoxe recordamos o abecedario cos xestos  que aprendimos en primeiro co que  construímos moooitas oracións.
Anímaste a facer o abecedario enteiro?
Aquí vai unha mostra!

Canto conto


Ola amigochxs!!
Hoxe  houbo intercambio de lectores pois Yago e Mateo foron a ler a clase de 2ºB e Paola e Noa viñeron a clase de 2ªA ...fixéronno fantásticamente ben!!!



lunes, 4 de noviembre de 2019

NEIRA-RECÍCLATE


Amigochxs,  primeiro obradoiro do NEIRA RECÍCLATE  xa rematou e nel abordamos  a alimentación equilibrada e saudable. Conseguimos averiguar a importancia de beber auga e facer exercicio diario, dos hidratos de carbono para que nos dean enerxía, o importante que é comer 5 pezas de verduras/froitas ao día, os lácteos que non falten e proteínas tampouco. Iso sí, o que debemos de consumir pouco ou nada son as chuches xa que son perxudiciais para a nosa saúde pola cantidade de azúcre que conteñen.
Aquí vai o video e o resultado final do noso miniproxecto da alimentación.


jueves, 31 de octubre de 2019

Samaín 1º ciclo

Ola esqueletoooos ! 
A xornada do terror foi intensísima... dende sesión de comida terroríficas




pasando por pintacaras
contos ás escuras 
manualidades vampirescas
 
e  visita do novo compañeiro "Medo" fillo de Tenebrosa e de Pánico...
e como non , un túnel terroríiiiifico!!
para ver máis fotos, premer en álbum Samaín 1ºciclo