lunes, 29 de abril de 2019

Vermes de seda

Hoxe tivemos a sorte de que viñeros os compas de 1º A contarnos un montón de cousiñas interesantes sobre os vermes de seda. Antes de marchar, regaláronnos uns poucos de gusanos para coidar e ver o proceso de metamorfose. 










jueves, 25 de abril de 2019

Eleccións xerais.

Co gaio das eleccións do próximo 28A, representamos en 1° unhas eleccións a menor escala.



Constituimos os partidos políticos, co seu nome e cartel, e como non podía faltar,o programa electoral. A continuación, tendes os videos dos mitines coa defensa das propostas de cambio do centro.



















Por último, votamos, ante o presidente e o secretario da mesa.


....o reconto de votos....



e aquí tendes as fotos dos partidos da victoria.






martes, 23 de abril de 2019

Semana Lectora

Ola amigochos !!!
Esta semana que rematou foi a semana do libro e veu cargadiña de actividades lectoras como o amadriñamento/apadriñamento lector, a visita  da tia-Ni..
Ímos velo!!

















lunes, 22 de abril de 2019

Aniversario Yago

Ola Amigochos !!!
Hoxe voltamos das vacacións de semana santa e Yago celebrou o seu aniversario con todos nós convidándonos a unha torta riquísima feita por Rocío ,a súa nai e el.

Parabéns Yagoo!! 






 

viernes, 12 de abril de 2019

Cando o importante non son as notas

Hoxe é o día no que dende as titorías entréganse as notas, ese documento que pon en coñecemento das familias o grao de desenvolvemento das competencias dxs vosxs fillxs. Pero debemos poñer atención, non no número, senon no esforzo, o rendemento e ser conscientes das súas aprendizaxes, sabendo que saben e que lles falta por aprender.

Non se trata de comparalxs cxs compañeirxs, trátase de obter información sobre os puntos fortes e os non tan fortes.É importante reforzar tamén as aprendizaxes que desperten a súa curiosidade. 

O valor  dxs vosxs fillxs non se definen polas súas calificacións.Un número non indica a calidade da persoa que eres.















miércoles, 10 de abril de 2019

Experimentamos coas plantas


Ola amigochos!
Hoxe Eva, a mamá de Mateo chegou á clase cargadiña de moitos claveis para experimentar connosco como as plantas absorben auga  da raiz ou do talo.
Empregouse para  este experimento:
- Claveis blancos
- Tinta alimenticia.
Aquí o resultado!!


GRAZAS EVA ,VOLVE CANDO QUEIRAS!!!


martes, 9 de abril de 2019

Aitana a contacontos .

Aitana , a  nosa compi de 1ºB posou pola  aula de 1ºA cun libro baixo o brazo e é que a Aitana lle chifla ler e o fai fantásticamente xenial.
Grazas Aitana, volve  a contarnos contos ricoscomo o de hoxe!!.


sábado, 6 de abril de 2019

Cousiñas da clase

A aprendizaxe con centros de interés distintos no  mesmo espazo de tempo está cada vez mas instalado na nosa rutina diaria.