jueves, 31 de octubre de 2019

Samaín 1º ciclo

Ola esqueletoooos ! 
A xornada do terror foi intensísima... dende sesión de comida terroríficas




pasando por pintacaras
contos ás escuras 
manualidades vampirescas
 
e  visita do novo compañeiro "Medo" fillo de Tenebrosa e de Pánico...
e como non , un túnel terroríiiiifico!!
para ver máis fotos, premer en álbum Samaín 1ºciclo

sábado, 26 de octubre de 2019

Rimando

Ola amigochxs!!
Coas rimas e os pareados 
en segundo pasamos un bo rato.

Inventamos sen parar 
e nos gusta escoitar

rimas  moi divertidas 
das nosas mentes movidas.

Xogando aprendemos 
as rimas e os sonetos.

U
nha mostra aquí  vos deixamos
do que fixemos emocionados.




viernes, 25 de octubre de 2019

Magosto

MAGOSTO , MAGOSTO 
E chegou o tempo das castañas e con elas o magosto de cores amarelas ,vermellas e marróns .
Gozamos dun día espléndido que nos acompañou a facer unha andaina ata a área de lecer de Peitieiros con entusiasmo e algunha canción.




E mentras se asaban as castañas brincamos entre as árbores otoñais do parque.



recollendo do chan anacos de outono
e con ela as riiiicas castañas !!!


 Foi un día sensacional!!!


Nova Biblioteca

Hoxe,24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares, inauguramos Nova Biblioteca.
Pasade e botade un ollo!!!







Aniversario de Zoe!!!
No día das bibliotecas escolares a nosa adorable compa Zoe cumple aniños; esta vez foron 7 !!! e celebrounos con todos nós cun biscoito riquísimo elaborado por ela mesma e a súa nai, Maite.
PARABÉNS ZOE!!



miércoles, 23 de octubre de 2019

Compartindo lecturas

Ola amigochxs!!
Hoxe as nosas compas Zoe e Saray de 2ºA foron a clase de 1º a ler un conto. É moi enriquecedora a experiencia de compartir momentos coma estes.





Fantásticas Saray e Zoe!!!😊😊

Convivencia e xogo libre




Cantas experiencias e crecemento nos proporciona poder mesturarnos!!! 

lunes, 21 de octubre de 2019

Iván e Diego visítannos

Ola amigochxs!!
hoxe na hora de ler  dous compas  de 4º,cIván e Diego viñeron a falarnos sobre o mundo dos animais e dos insectos ... unha sorte poder contar con dous auténticos detectives da natureza

domingo, 20 de octubre de 2019

Vivencias as ciencias

Canto pode medir o intestino delgado? 

Ata oito metros! E iso ata onde é? 

Pois comprobámolo!



Aquí deixamos algunha fotiño máis das propostas do aparello dixestivo.



sábado, 19 de octubre de 2019

Xogo Libre

O xogo libre potencia o pensamento creativo e diverxente, unha marabillosa capacidade coa que tódalas persoas nacemos pero que imos perdendo segundo medramos por mor dos poucos intres de expresión e xogo libre que imos tendo acotío.


Como gozamos creando de maneira autónoma, seguindo os gustos de cada quen!!!


jueves, 17 de octubre de 2019

Os insectos non teñen secretos para Iván e Diego

Hoxe na hora de ler, os compañeiros de 4ºA Iván e Diego viñeron a contarnos cousas sobre os insectos. Tamén nos cederon unha colección de libros que ten Iván sobre a vida destes interesantes animais.
Que sorte ter compañeiros doutros cursos que nos veñen a contar historias interesantísimas.

Grazas Iván e Diego!!!

Se quedastes con ganas de saber máis cousas sobre estes animaliños premede neste vídeo.




miércoles, 16 de octubre de 2019

Xogamos coas Letras!!!!

Un día máis seguimos medrando entre letras e expresión.



martes, 15 de octubre de 2019

Mauro e o niño de merlo

Mauro sorprendeunos cun niño de merlo que atopou na súa casa. Estivemos analozando como o fan e con que elementos, e recordando as características das aves.


Grazas Mauro por compartilo con nós!