viernes, 27 de septiembre de 2019


DÍA POLO CLIMA.
Hoxe, 27 de setembro, conmemoramos o día polo clima.
Como ben sendo habitual dende o curso pasado todos os venres reivindicamos un planeta mellor concienciándonos de que o cambio urxe facelo xa!! 
Non perdamos un minuto mais  en:
-Desplastificar  os nosos fogares e lugares da contorna.
-Coidar os nosos montes e non tirar lixos do tamaño das nosas neveiras e lavadoras.
-De limpar as augas dos nosos ríos e rías de  deterxentes e vertedoiros asquerosos.
-De limpar o noso aire plantando plantas  e árbores   para non ter tantos problemas respiratorios.
-De aforrar enerxía non tendo tantas luces prendidas ...e tantas outras propostas que , cada un de nós pode ir facendo: reciclar correctamente, reutilizar ...
TODO POLO NOSO PLANETA; A NOSA CASA.









As familias súmanse


Ola amigochxs!!
As familias tamén conmemoran o DÍA POLO CLIMA.

Troco de bicicletas por coches .
Boa iniciativa Rafa e Jaime  por contribuir no coidado do planeta terra, a nosa casa,  a casa de todxs!!

Iria, César ,Alba, Nuria e Tomás o planeta vos dá as
GRAZAS!!


Queremos o noso planeta limpo e saudable!

Modelamos o mundo que queremos ter!

Vivenciar as mates nos fai moi felices...

 Aqui vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos aprendendo!





jueves, 26 de septiembre de 2019

Fantásticas Ciencias!

Ola amigochxs!
Hoxe estivemos experimentando coas ciencias, mirade todo o que fixemos!!!!

 Descubrimos países e o corpo humano !!!!
  Coñecimos o ciclo de vida da ra!!!!

 Tamén o ciclo de vida da abella, non da velutina, senón da nosa, da autóctona!!!!


 Toda a clase gozamos moitísimo aprendendo!!!!

Ola amigochxs!! 
Os aniversarios de Vera e de Leire disfrutámolos cantando e comendo mooooita rica froita !!!



queremos un planeta vivo!!


Ola amigochxs!!
Esta semana como ben sabedes é a semana polo clima , polo cuidado do noso planeta , polo coidado da nosa contorna: ríos, mares, montes, rúas patios....  
Unha maneira  excelente de concienciación por este coidado é através da plantación de novas plantas para que limpen o noso aire coas súas follas verdes.
Edith , a mamá de Kai acompañounos á nosa horta para amosarnos aspectos curiosos no noso bancal do curso pasado.

pequenxs grandes lectorxs


Ola amigochxs!! Esta semana está sendo do mais lectora .Ademais de degustar da lectura de Leo, Mauro, Iria  e Naiara , tamén disfrutamos da lectura de Hugo , Nuria e Irene que está emocionadísima lendo para todxs.
 Aquí vai unha mostra.







miércoles, 25 de septiembre de 2019

Canto conto temos...


Hoxe no tempo de lectura recibimos un súper agasallo en forma de conto da man de Aitana e Alba, compañeiras de 2º.

Tras isto, Mauro M. de 1º, animouse a contármonos unha parte da película  "La Brújula Dorada", como era moiiiii longa continuará narrándonola en vindeiros días, axudado por Pablo que se ofreceu amablemente a colaborar con el. 



martes, 24 de septiembre de 2019

Semana polo clima

Esta semana temos a nivel mundial iniciativas para o coidado do medioambiente. 




No blog de Voz Natura, podedes facer un seguemento das actividades que facemos en relación ao proxecto.



http://blogs.voznatura.es/cepneiravilas/


Somos o que comemos


Un artigo para a reflexión sobre os almorzos saudables(preme aquí para ler o artigo) 


Por outra banda, aquí tendes ao Clube da Froitiña de 2°B,cada día somos máis!! A seguir así!!





Irene Contacontos

Na hora de ler, hoxe Irene contounos o conto de "pipi caca"... Rímonos moito!!!!

Grazas Irene pola túa lectura


linda lectura

Ler lévanos a lugares inimaxinables 






Ola amigas e amigos.
Hoxe,  concentràmonos para que o noso planeta non enferme máis causado polas actuacións negativas dos seres humàns: contaminar e contaminar...lixo e máis lixo...plàstico e máis plástico ...incendio e máis incendio
...XA NON MAIS!!
 





domingo, 22 de septiembre de 2019

Familias que reciclan.

Da gusto comprobar como as nosas familias se implican no coidado do medioambiente!!!

Aquí tendes a Aitana, explicando como van facer para reciclar os residuos na súa casa!! Grazas familia!! Cada vez somos máis! 



#ResiduoCero

viernes, 20 de septiembre de 2019


Hoxe foi o noso compa Iago quen se animou a contar un conto á tropa de 2ºA
Segue así Iago!!





O Clube da froitiña en 2ºA vAI 
MEDRANDO



tamén estamos axudando ao planeta desplastificándonos e con merendas saudables sen envoltorio de aluminio.


quen se anima?

Continuamos fascinadxs polas letras mailos números.










miércoles, 18 de septiembre de 2019

Merendas saudables

Algunhas familias na reunión comentábades outras alternativas aos alimentos procesados e buscando unha alimentación máis saudable e libre de azucres engadidos(preme aquí para ver o enlace) 


Aquí tendes algún recurso máis ao que acudir  para consultar receitas ou propostas de merendas,
que vos aproveite!




NEIRACONTOS

Hoxe comezamos co neiracontos onde xs peques poden ir contar contos a  outras aulas …todo o mundo pode participar  e dende aquí convidamos a tódalas familias a que veñan a contarnos contos…
Devoramos libros coma o noso amigo Henry!!!