miércoles, 27 de febrero de 2019

DÍAS DE ENTROIDO

O Meco chegou ao noso cole e con el as visitas e ordes  que tivemos que cumplir.

Martes: 
con bandeiras pintadas deberás chegar.







O mércores: 
Na cabeza un sombreiro traerás.






Xoves, tachán tachán: Un pixama deberás levar.

Aquí deixamos un video onde se ve como o MECO nos visita ás aulas.

Recreos cheos de contos


Que ben o estamos a pasar e canto estamos a aprender coa participación das familias. Nesta ocasión, o tío de Samara Mariño, David, participou nas sesións dos mércoles de "contos no recreo". 

Amosounos o instrumento que toca, o tambor, e cantamos "Que ricos os bicos" de Ce Orquesta Pantasma.





martes, 26 de febrero de 2019

MAURO, BOTÁMOSTE EN FALTA!!!

Nesta oscasión, as nosas palabras e os nosos agarimos van dirixidos ao compa Mauro, que estivo maliño e non puido vir ao cole nestes días. Moito ánimo!!!! Botámoste en falta!!! Recupérate pronto!!!!! Esperámoste á volta do entroido!!!!!. Aquí o video dos compas!

O meco

Xa tivemos a primeira orde do meco(traer unha bandeira pintada) 

Á primeira hora, o meco pasou a comprobar se as cativas e os cativos cumplían as súas ordes...

Pero para que resultase un momento divertido para todos, o profe Ángel  explicounos que o meco que viña a mollarnos e a asustarnos era un mestre e amosounos a careta que ía traer...


Aínda así, refuxiáronse no "castelo das nenas e nenos afoutes" que eles mesmos contruíron.



atarefadas co entroido

Ola amigas. 
Este días andamos lamar de atarefadas facendo os traxes do entroido: pintamos,decoramos, montamos e sobre todo,divertímonos!!

Todo para que o venres disfrutemos polo pasarrúas de Gondomar coas nosas mellores galas etíopes.


lunes, 25 de febrero de 2019

Marina, unha magnífica veterinaria.

A nosa aventura de descubrir o mundo animal levounos a coñecer a Marina, unha veterinaria de profesión e persoa excelente.
Marina, ademais de ensinarnos a súa vestimenta cando ten que operar ou estar cos animais mostrounos como hai que coidalos na alimentación ,na hixiene  é no mais importante , como hai que coidalos dende o agarimo.
Mostrounos tamén unhas radiografías de ósos de auténticos animais.
E no remate, Marina agasallou a cada un de nós cun dúas libretas e dou bolis...Marina moitísimas grazas!!!
Unha experiencia estupenda e moitas grazas por vir a ensinarnos cousas tan interesantes sobre o mundo dos animais.
















coñecemos os mouchos


Amigochos:
Os mouchos son aves, animais ovíparos que espertan pola noite para cazar e dormen polo día.
Son animais nocturnos.

redacción .Uxía 1º

jueves, 21 de febrero de 2019

Qué sabemos de China?

Na aula de 1°B xa sabemos unha chea de cousas sobre os osos panda e China, e como o coñecemento non só se plasma en formato papel, aquí tendes un exemplo en formato dixital, traballando a expresión oral así coma a estructuración do discurso.

 Non a todos se nos da igual de ben escribir, así que proporcionamos outros medios polos que demostrar os seus coñecementos e habilidades  PARABÉNS POLO TRABALLO COMPAS!!  



O MORCEGO

       Os morcegos 
 son 
os únicos mamíferos
 que voan.





redacción: Mateo Pérez

miércoles, 20 de febrero de 2019

REPOBOANDO O MONTE CON CASTIÑEIROS

Dende Voz Natura, xurde a idea de axudar, dende o cole, a repoboar o monte que quedou destruído a causa dos incendios o ano pasado. 

Para isto, contamos coa axuda da Comunidade de Montes e concretamente, con Alfredo, quen nos explicou como ía funcionar o apadriñamento das árbores.




Primeiramente, falounos dos nomes que reciben as distintas partes do monte, plantamos as árbores e puxémoslles os carteis co seu nome para identificalas. Tamén medimos os castiñeiros, para facer un seguemento da evolución e o crecemento.




Por último, botamos as landras que recolléramos fai algúns meses co obxectivo de que algunha xermine. Nas nosas botas, había tres xerminadas, que temos a esperanza de que se convertan en maravillosos carballos. 



SE QUEREMOS QUE RESPETEN O MONTE,
 PRIMEIRO HAI QUE COÑECELO E DESCUBRIR A SÚA IMPORTANCIA!

TORTUGAS MARINAS


Las tortugas marinas son las mas grandes del mundo.


Miden 1.5metros de largo.
Pueden poner 100 huevos.
Viven en el Caribe

REDACCIÓN: Alba Villar

Wally polo mundo

Esta semana estamos a descubrir unha chea de curiosidades do mundo, grazas a uns pequenos libros que temos na aula, sobre diferentes países e lugares do noso planeta. 

Primeiro investigamos e leemos , e a continuación facemos unha posta en común en asamblea, contándolles aos nosos compañeiros e compañeiras o que averiguamos. 


martes, 19 de febrero de 2019

24 de Febrero, día de Rosalia de Castro


Co gaio do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, estivemos a ler as súas poesías e a descubrir quen foi e por que foi unha muller importantísima na historia do  Lingua galega. 

A continuación amosámosvos algúns dos recursos empregados:






Aquí tendes un enlace sobre a bibliografía de Rosalía de Castro (pincha no nome)



Celebración do día de Rosalía de Castro

Para celebrar o día de Rosalía de Castro , que mellor xeito que disfrutar da súa obra en compañía das nosas compañeiras e compañeiros. Por iso, escribimos unha poesía e decoramos a nosa postal, para intercambiar co alumnado de 3°4°5° e 6°. Posteriormente, limos os versos da poetisa e conversamos, en galego! Aquí tendes algunhas fotos de este momento tan especial. 






lunes, 18 de febrero de 2019

Jaime veu falarnos da pesca, o mar e os peixes.

Hoxe tivemos a sorte de contar con Jaime, papá de Tomás, que é xefe de máquinas nos barcos e amosounos un video dun barco e todo o proceso de pesca dende que sae do porto de Vigo. Nel vimos as dependencias do barco, o sistema de pesca de arrastre, como limpan e conservan o peixe,como é mar cando está bravo, os tipos de peixe, e os lugares do mundo polos que ten pescado(Irlanda, Groenlandia, Canadá  Ademáis, trouxonos unha mostra de rapantes, percadilla...

Como a curiosidade é infinita, esstivemos a investigar sobre a vida nas zonas polares

Encantounos a túa visita Jaime!! Grazas por vir