martes, 31 de marzo de 2020

As apertas de Iker

O noso compañeiro Iker nos bota de menos , desexa volver a normalidade para estar de novo todos xuntos .
Mándanos moitas apertas!!

Aquí nos amosa unha imaxe co seu animal preferido.
Nós tamén te botamos de menos ,Iker!!

Diversión e aprendizaxe en familia.

Ola amigochxs .
Martín  e a súa familia traballan en equipo, non só nas tarefas da escola senon nas de casa.
Aquí nos deixa dúas mostras do moito que aproveita o seu tempo.


Fantástico Martín !!
 Bárbaro familia!!

Receita de Damián

Ola amigochxs .
O noso compañeiro Damián a demais de estar en familia  compartindo momentos e tarefas  do fogar, aventúrase coa tarefa de  cociñar ..Fantástico Damián ,  esas bolachas teñen moi boa pinta...deliciiiiiiuuus!!


lunes, 30 de marzo de 2020

As nosas noticias na cortiza do Symbaloo.

Ola amigochxs .
Apartir de hoxe hai un novo espazo no symbaloo que nos permite entrar  e participar nun mundo moi diverso, como: 
-xogos
-experimentos
-facer un xornal 
-Reflexións sobre educación
O apartado de Xornal está diseñado para que cada un/ unha de nós faga a súa propia noticia(do que queiramos) e a colguemos e amosemos  ao resto das familias.
Todo o que precisades  para facer as vosas  noticias  é:
  1.Acceder ben dende este enlace:
        Cortiza 1ºciclo  ou ben se ides a dereita deste blogue  premedes nalgunhas das dúas imaxes do symbaloo.

2. Doble clik onde queredes entrar
3. Premer no círculo rosa cun mais para facer e deixar a vosa noticia..

É  moi faciliño , animádevos e probade!!.

domingo, 29 de marzo de 2020

Momentos...

Ola amigochxs .
Tedes ganas de saber  como están xs vosxs compas, que é o que fan? como invirten o  seu tempo? 
Aquí vai unha pequena mostra de como están Mateo, Adriana  Zoe  Nuria e Érika.



Apartir do luns estará aberto unha espazo no noso symbaloo chamado 
¨ cortiza 1ºciclo¨ para que, aquelxs que queirades, podedes  con axuda dalgún maior, subir un video, escribir unha noticia  ou compartir un diario entre todos nós ( daremos instruccións .É moi faciliño de facer) 
Pero todo isto será a partir do luns.
Boa  fin de semana!!

sábado, 28 de marzo de 2020

xogar e facer exercicio

Amigochxs !!
Na casa de Auri faise  circuítos  con Tomás e Julián.
Un bo rato para divertírmonos  e facer exercicio.

viernes, 27 de marzo de 2020

poesía

Ola amigochxs!!
Hoxe Érika quere amosarnos  o lindo que recita a poesía de Gloria Fuertes.
Animádesvos?

Unha mensaxe

Ola amigochxs 
O profe Roberto  amósanos un sinxelo e divertido exercicio de educación física, vos animades?

domingo, 22 de marzo de 2020

todo irá ben!!

Ola familias !
 Aquí vos deixamos o noso graniño de ánimo para levar mellor este confinamento.
Unha aperta de todas nós

sábado, 21 de marzo de 2020

aprendemos en casa

Ola amigochxs!!
A partir do luns 23 de marzo  RTVE abrirá un novo espazo matinal en colaboración co Ministerio de Educación  para a formación  de matemáticas, lengua, e idiomas, ciencias naturais , sociais , educación física e artística.
Na tve2 a emisión durará dúas horas ao día:
de 6 a 8 anos (de 9 a 10 h)e de 8 a 10 anos ( de 10 a 11h)
 Por se é do voso interés deixo aquí o enlace  Aprendemos en casa 
Apertas e espachurres a todxs!!!

viernes, 20 de marzo de 2020

XOGOS

Amigochxs, aquí vos deixo uns xogos repaso para que  pasedes un ratiño agradable ao mesmo tempo que repasades contidos de 1º e 2º

jueves, 19 de marzo de 2020

As profes de 1º ciclo

Ola amigochas e amigochos. 
Para escoitar a nosa mensaxe  premede  acontinuación:

lunes, 16 de marzo de 2020

Teletarefas.



     Ola amigochxs, as profes do  1º ciclo elaboramos unha serie de propostas para que poidades seguir enriquecéndoos cos contidos  deste 2ºtrimestre.


Propostas de 2º primaria



MATEMÁTICAS

  • Resolución dos problemas que aparecen nos anexos (Son os que foron enviados o xoves). 
  • Realizar sumas de ata 3 sumandos (por descomposición ). 
  • Realizar restas (en árbore ou coa táboa de ABN). 
  • Facer bubble maps "Todo sobre o número…" 
  • Facer series mentalmente +2 +5 +10 e -2 - 5 - 10 do 100 ata o 999.
  • Investigar sobre algunha muller importante ao longo da historia e calcular cantos anos viviu/ten.
  • Xogar ao sudoku, crucigramas de cálculo, escoba… 
  • A partir do prezo dos seguintes productos (poden ser estos ou dalgún panfleto que teñades na casa), debuxar na libreta as moedas e/ou billetes empregados para poder pagalos. 
  • Facer un debuxo símetrico e marcarlle o eixo de simetría. 
  • Cocinar en familiar. Pesar diferentes productos necesarios para a elaboración dunha receita.
  • Comprobar a capacidade de distintos recipientes que teñades na casa, empregando a unidade de medida máis axeitada. 
  • Medir diferentes obxectos do uso cotiá, empregando a unidade de medida máis axeitada

LINGUAS

  • Traballamos co xornal:

    • Estructura cunha nova: marcar nunha nova o titular, o subtítulo(se o ten) a entradilla e o corpo da nova,foto e pé de foto
    • Recorta e pega na libreta, os seguintes elementos da portada: cabecera, nova principal, novas secundarias, pe de foto e publicidade.
    • Recorta e pega as seccións do xornal.
    • Escribe unha nova insólita ou disparatada ( non esquezas a estructura).
  • Co poema de Gloria Fuertes que se adxunta realiza as seguintes actividades:

Un paisaje que tenga de todo,

se dibuja de este modo:

Unas montañas,

un pino,

arriba el sol,
abajo un camino,
una vaca,
un campesino,
unas flores,
un molino,
la gallina y un conejo,
y cerca un lago como un espejo.
Ahora tú pon los colores;
la montaña de marrón,
el astro sol amarillo,
colorado el campesino,
el pino verde,
el lago azul
-porque es espejo del cielo como tú-,
la vaca de color vaca,
de color gris el conejo,
las flores...
como tú quieras las flores,
de tu caja de pinturas.
¡Usa todos los colores!

  • Copia o poema nun folio con boa presentación.
  • Le varias veces e se che gusta moito , podes aprendelo para recitalo na clase.
  • Facer  unha ilustración do poema (debuxo)
  • Escolle  unha ou varias  estrofas e fai un caligrama.
  • Con tres dos nomes que aparezan no poema ,inventa unha historia  que teña un comezo, un nó e un final.
  • Con eses mesmos personaxes  inventa un conxuro.
  • Podes inventar unha ou varias rimas  cos nomes que aparezan no poema.
  • Escribe o plural de 5 nomes que aparezan no poema en singular.
  • Escribe en singular 4 nomes que aparezan no poema en plural.
  • investiga no poema 4 palabras  femininas, e 4 masculinas.

  • Analiza estas oracións marcando o Suxeito(s) e o predicado(P).Tamén podes marcar o verbo e o núcleo do suxeito.
  1. A montaña ten moita neve.
  2. O pino é moi alto.
  3. As flores saen en primavera.
  4. A vaca pinta come moita herba.
  5. O sol  seca a roupa.

CIENCIAS

  • Investiga sobre as medidas que podemos adoitar para non malgastar a auga, despois, escribe un decálogo.( 10  normas)
  • Elabora un bubble maps sobre un animais mamífero, un réptil, un anfibio e un peixe .
  • Investiga sobre as medidas que todxs podemos adoitar para non contaminar a terra, a auga e o aire. Explica todo o que averiguaches, nun video, que podedes enviarnos ás profes.
  • Que é unha máquina?Que tipos hai? Constrúe unha máquina simple e o día que voltemos á escola non te esquezas de traela.
  • Plantas que curan. Busca algunha planta que teña un beneficio para a saúde. 
  • Planta unha cenoria. So terás que poñer a parte superior en auga ata que xerminen, despois, deberás colocalas nunha maceta. Elabora unha táboa coas observacións que realices. Investiga sobre os beneficios e coidados da cenoria.






ANEXOS
Problemas matemáticos
En la huerta del cole, tenemos plantadas 15 lechuga romana y 18 lechugas de hoja de roble.¿Cuántas plantas en total hemos plantado?

Ayer Lucas he recogido 27 naranjas del naranjo y hoy 32. ¿Cuántas naranjas ha recogido en total?

Hemos recogido 8 calabazas, 9 tomates y 13 judías. ¿Cuántos productos hemos recogido en total?
En cada bancal de la huerta, tenemos 8 plantas de hierbabuena.Si tenemos 3 bancales, ¿cuántas plantas tenemos en total?
Sara recogió 26 naranjas, 12 de ellas estaban verdes, ¿cuántas estaban maduras?
Paco tiene una planta de judías que tiene 21 judías, y otra planta con 39 judías, ¿cuántas judías tienen en total?
En un paseo por el monte, Carmen ha recogido 53 castañas, Lucía 41 y Antón 37.¿Cuántas castañas han recogido entre los tres?
En el Monte Alba, Manuel ha contado 36 robles y 56 pinos. ¿Cuántos árboles ha contado Manuel?
Una vaca en libertad produce 20 litros de leche al día. ¿Cuántos litros de leche producen 3 vacas?

Un cerdo pesa, aproximadamente 300 kg. ¿Cuánto pesan 3 cerdos?
Un roble mide 37 metros, y un pino mide 19 metros.¿Cuántos metros es más alto el roble que el pino?
Ordeñamos a la vaca Juanita, y le sacamos 18 litros de leche, de los cuales, 3 los empleamos en hacer queso. ¿Cuántos libros de leche nos quedan?
En el jardín tenemos dos plantas, una con  46 hortensias y en otra con 39 hortensias.¿Cuántas hortensias tenemos en total?

Una colmena produce 25 kg de miel, ¿cuántos kilogramos producen 4 colmenas?
Carla ha recogido dos docenas de huevos del gallinero y cuatro de ellos se rompieron. ¿Cuántos huevos le quedan a Carla?
                             
  Bubble maps: é unha técnica moi apropiada para que xs pequenxs comecen a adquirir técnicas de estudio, xa que consiste en estructurar a información relativa a un tema .


Propostas de 1º primaria

LINGUAS

  • Facer lectura diaria dun conto e comentalo con alguén da casa. 
  • Crear na libreta viaxeira, ou noutra, unha frase que comece por “Hoxe…” e
que conte o que fixeches no día. A extensión dependerá da destreza que teña adquirida
na grafomotricidade. Se a destreza é maior, que elaboren un diario ou que vaian imaxinando 
un conto ao longo dos días.
  • Facer un debuxo acompañando  á frase, diario ou conto, anterior.
  • Escribir e repasar os días da semana.
  • Escribir e repasar os meses do ano.

MATEMÁTICAS
  • Facer conteo con Garavanzos, Lentellas ou Grans de arroz: 
  • Agrupalos de dez en dez
  • Coller os que xunta a/o nena/o máis os que xunta quen estea con ela/el e ver
cantos hai en total.
  • Facemos montóns e contamos cantos hai en total (tede en conta que cada
nena/o ten un proceso madurativo distinto, intentade, se facedes correccións, que non
se sintan mal por non coñecer algún número. A aprendizaxe ten que ser algo gustoso,
non frustrante.)
  • Con números baixos facer restas, en situacións reais. “Se ti tes 5 garavanzos
dasme 2, cantos te quedan?”
  • Contar cousas que haxa na casa, cantando os números, por exemplo: libros, fotos,
cadeiras, vasos, culleres… E apuntalo na libreta, non importa que o número non sexa o
exacto. (Lembrade que buscamos que aprenda a contar  e se divirtan, non facer un
inventario da casa).
  • Buscar formas xeométricas no lugar que vos atopedes e debuxalas na libreta,
co nome do obxecto e o nome da forma. 
      Exemplo: Debuxo e pinto a mesa do salón. Póñolle o nome: “mesa”  “cadrada”     
     debaixo do debuxo. 
Buscamos: cadrados, rectángulos, círculos e triángulos, se recoñecen algunha forma
máis que a poñan tamén.

CIENCIAS
  • Realizar estiramentos polas mañás nomeando as partes do corpo que imos mobilizando: nocelo, xeonllos, cadeira, ombreiros, pulso, cóbado, pescozo, costas. 
  • Debuxarse e apuntar o nome das distintas partes do corpo.
  • Facer unha árbore, ben sexa debuxada, recortada, con cartón, foam ou calquera material e poñerlle o nome ás distintas partes: raices, tronco, froitos, pólas, follas. 
  • Escribir na libreta ou nun folio,  o día da semana que é e facer un debuxo do tempo que vai: sol, sol con nubes,  néboa, chuvia, arco da vella ou vento.
Exemplo: luns, 16 de marzo de 2020

(Debuxo) sol con nubes

 Deixámosvos tamén unha listaxe de  iniciativas de Apps que están ofrecendo, de balde,
os seus contidos Premium para axudar a que sigan xogando e aprendendo dende a casa.

*Academons Primaria*:  a App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso a todo o
seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua Castelá, Inglés, Ciencias e Science 
http://bit.ly/Academons_Gratis

*Ta-tum*: do grupo editorial Edelvives, ofrece acceso de balde ata o mes de xullo a esta
plataforma para o fomento da lectura  http://bit.ly/Edelvives_Tatum

*Smartick*: esta App está ofrecendo acceso 15 días de balde,  á súa App para repasar as
matemáticas. http://bit.ly/Smartick_15

*Genially*: a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece, por un tempo limitado,
as súas plantillas e recursos Premium en aberto   http://bit.ly/Genially

*AMCO*: Acceso aos xogos de Mates e Lingua Castelá da súa App Eduzland de balde, 
por un tempo limitado https://amconews.es/eduzland/
*Smile and Learn*: esta App para as/os máis pequenas/os da casa, está ofrecendo acceso
aberto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn
*Cerebriti Edu*: ofrece os  seus máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria en aberto
ata final do curso  http://bit.ly/Cerebriti_Edu
Desexámosvos moitos ánimos para levar estes días, en nada estaremos no cole todxs
novamente. 
Unha aperta virtual xigante!
TITORAS 1º e 2º