jueves, 28 de noviembre de 2019

Excelente actuación no intercontos entre o alumnado de 1º e 2º.
PARABÉNS           ARTISTAS!!



cuidame!

O noso graniño de area na  loita contra  o maltrato.
Nesta semana cultural queremos amosar  o moito que nos poden ensinar a arte nas súas vertientes.
Disfrutade desta arte visual e musical

lunes, 25 de noviembre de 2019

cantamos o 25 N en lingua de signos

 25 de novembro
día Internacional contra a violencia de xénero.
cantamos a canción 
¨si tienes miedo¨ de Amaral


domingo, 24 de noviembre de 2019

a vida

Ola amigochxs!! 
Estes días  en ciencias estamos aprendendo o aparello reproductor feminino e masculino  e como se produce o milagro da vida no interior do ventre da nai.
Aquí van uns videos para entendelo






viernes, 15 de noviembre de 2019

a horta


Amigochxs!!
A horta  do colexio precisa compañía, e alá nos fomos os mais pequenos a plantar berzas para eses calóricos cocidos,  ouregos e perexil, para condimentar ricos  peixes,carnes, pasta, pizzas... e sobre todo fomos a horta porque precisamos estar  en contacto coa natureza e sentila, xa que das plantas conseguimos,  non só alimento e materiais, senón algo imprescindible para todo ser vivinte: oxíxeno! 


fotografía Hugo Caeiro

martes, 12 de noviembre de 2019

O corazón

O corpo humano,  toda unha aventura por descubrir...



O NOSO AMIGO HENRY

Amigochas e amigochos, hoxe tivemos unha fantástica e graciosa sesión de contacontos a cargo de Hugo e Martín que nos contaron o conto  ¨O incrible  neno devorador de libros¨,
aquí vai unha pequena mostra e o conto.
 


sábado, 9 de noviembre de 2019

Moitas cousas que amosar e contar

A semana pasada Nabia foi percorrer o mundo e trouxo unhas fotos e moita información desa viaxe!! Falounos, sobre todo, da evolución do ser humano :







Por outra banda, Alba amosounos fotos do novo membro co que contan na casa.. A burra cuca! Contounos algunhas anécdotas e a observación das imaxes tamén servíunos para repasar a clasificación dos animais e as súas características. 


Grazas as familias de Nabia e de Alba polas fotos!!!! 

miércoles, 6 de noviembre de 2019

rimando

Amigochx, mira as fantásticas rimas que fixeron xs compas de 2ºB cos seus  nomes. Anímaste a facelo tí co teu nome?

xestiabecedario

Ola amigochxs!!
Hoxe recordamos o abecedario cos xestos  que aprendimos en primeiro co que  construímos moooitas oracións.
Anímaste a facer o abecedario enteiro?
Aquí vai unha mostra!

Canto conto


Ola amigochxs!!
Hoxe  houbo intercambio de lectores pois Yago e Mateo foron a ler a clase de 2ºB e Paola e Noa viñeron a clase de 2ªA ...fixéronno fantásticamente ben!!!



lunes, 4 de noviembre de 2019

NEIRA-RECÍCLATE


Amigochxs,  primeiro obradoiro do NEIRA RECÍCLATE  xa rematou e nel abordamos  a alimentación equilibrada e saudable. Conseguimos averiguar a importancia de beber auga e facer exercicio diario, dos hidratos de carbono para que nos dean enerxía, o importante que é comer 5 pezas de verduras/froitas ao día, os lácteos que non falten e proteínas tampouco. Iso sí, o que debemos de consumir pouco ou nada son as chuches xa que son perxudiciais para a nosa saúde pola cantidade de azúcre que conteñen.
Aquí vai o video e o resultado final do noso miniproxecto da alimentación.


jueves, 31 de octubre de 2019

Samaín 1º ciclo

Ola esqueletoooos ! 
A xornada do terror foi intensísima... dende sesión de comida terroríficas




pasando por pintacaras
contos ás escuras 
manualidades vampirescas
 
e  visita do novo compañeiro "Medo" fillo de Tenebrosa e de Pánico...
e como non , un túnel terroríiiiifico!!
para ver máis fotos, premer en álbum Samaín 1ºciclo

sábado, 26 de octubre de 2019

Rimando

Ola amigochxs!!
Coas rimas e os pareados 
en segundo pasamos un bo rato.

Inventamos sen parar 
e nos gusta escoitar

rimas  moi divertidas 
das nosas mentes movidas.

Xogando aprendemos 
as rimas e os sonetos.

U
nha mostra aquí  vos deixamos
do que fixemos emocionados.




viernes, 25 de octubre de 2019

Magosto

MAGOSTO , MAGOSTO 
E chegou o tempo das castañas e con elas o magosto de cores amarelas ,vermellas e marróns .
Gozamos dun día espléndido que nos acompañou a facer unha andaina ata a área de lecer de Peitieiros con entusiasmo e algunha canción.




E mentras se asaban as castañas brincamos entre as árbores otoñais do parque.



recollendo do chan anacos de outono
e con ela as riiiicas castañas !!!


 Foi un día sensacional!!!


Nova Biblioteca

Hoxe,24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares, inauguramos Nova Biblioteca.
Pasade e botade un ollo!!!







Aniversario de Zoe!!!
No día das bibliotecas escolares a nosa adorable compa Zoe cumple aniños; esta vez foron 7 !!! e celebrounos con todos nós cun biscoito riquísimo elaborado por ela mesma e a súa nai, Maite.
PARABÉNS ZOE!!