viernes, 5 de octubre de 2018

3,2,1...despegue!!!


Ola amigochos!
Hoxe estreamos blogue de 1º ciclo.
Queremos ensinarvos moitas das cousas que temos e imos facer aquí, nas nosas clases de 1º e 2º.
Xuntos imos vivir máis de unha peripecia... a primeira xa foi xuntarnos na clase de audiovisuais para organizar os obradoiros  que levaremos a  cabo todos os luns pola mañá e que neste curso serán:
-Contos animados
-Peitiartistas 
-Con-Ciencia a tope!!
-Ioga e relaxación
-Pincel e pluma.
Cada un de nós  e, por equipos,pasarémolo xenial nos  cinco obradoiros.
Como un destes obradoiros vai de contos aquí o voso amigo o pirata LEOPATA , compañeiro de megalecturas vos deixa un contiño.
Ata pronto !!

  

1 comentario:

  1. Como mola o voso cole amigochos!! Seguro que aprendedes e pasades xenial neses obradoiros tan divertidos.

    ResponderEliminar

como che pareceu esta nova?