miércoles, 20 de febrero de 2019

REPOBOANDO O MONTE CON CASTIÑEIROS

Dende Voz Natura, xurde a idea de axudar, dende o cole, a repoboar o monte que quedou destruído a causa dos incendios o ano pasado. 

Para isto, contamos coa axuda da Comunidade de Montes e concretamente, con Alfredo, quen nos explicou como ía funcionar o apadriñamento das árbores.




Primeiramente, falounos dos nomes que reciben as distintas partes do monte, plantamos as árbores e puxémoslles os carteis co seu nome para identificalas. Tamén medimos os castiñeiros, para facer un seguemento da evolución e o crecemento.




Por último, botamos as landras que recolléramos fai algúns meses co obxectivo de que algunha xermine. Nas nosas botas, había tres xerminadas, que temos a esperanza de que se convertan en maravillosos carballos. 



SE QUEREMOS QUE RESPETEN O MONTE,
 PRIMEIRO HAI QUE COÑECELO E DESCUBRIR A SÚA IMPORTANCIA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

como che pareceu esta nova?