martes, 28 de mayo de 2019

Teatro e moito mais!!!


Ola amigas e amigos.
Hoxe tivemos unha xornada do mais atarefada .
Nada mais entrar no auditorio do concello¨Lois Tobío¨mergullámonos no planeta Leo-T e coñecimos a MARTES un personaxe que nos fascinou coas súas aventuras.

Ao remate ,xa as nosas tripas nos pedían comer, así que alá nos fomos a merendar ao parque .





Disfrutamos moito dese ratiño .




Continuamos coñecendo  Gondomar e aventurámonos no concello;  esa casa enooorme onde traballa , ademais do alcalde, outras moitas persoas para que  todo o que se refire a Gondomar funcione o mellor posible.A policía tamén nos amosou  como se organizan e  xestionan o traballo que desempeñan.





E por ultimo,a profe Isa botou a andar e nós detrás dela, ata chegar a..
 PRAZA DE ABASTOS; un espazo inmenso  con postos de peixaría
,carnizaría e froitaría.

 Coñecimos a Noelia , a froiteira que nos atendeu e agasallou con nísperos depois de mercarlle a froita para facer a macedonia na clase.

Irene e Gael foron os encargados de calcular os euros que precisabamos para pagarlle a froita.

Unha mañá moi ben aproveitada!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

como che pareceu esta nova?