jueves, 20 de junio de 2019

Apertas de despedida

Esta so é unha pequena mostra das apertas que, claramente, predominaron a xornada de despedida. Despois de apertar xs compañeirxs, percorremos o cole buscando as mestras para despedirnos e desexar feliz verán.

Non podemos despedirnos, sen antes explicar a ledicia que percorre o noso corpo ao  recoller o que sementamos... E a profe Gotty(6°)encargouse de sementar apertas en todo o cole. Non podía ser doutro xeito, que xs peques pensarán nela como unha das primeiras persoas a que ir a darlle unha superaperta! Grazas Gotty! 

Vémonos en setembro! 
Feliz verán! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

como che pareceu esta nova?