martes, 17 de septiembre de 2019


Infomación  reunión –familias.

Adxúntase información que se tratará na reunión de familias , mañá 17 de setembro ás 18h.  Esperámosvos!!
CURSO ESCOLAR 2019/2020

  TITORAS 
1º- GOTTY      2ºA - AURI      2ºB - ISA


CURSO 2019-2020
1) Teremos tódalas XUNTANZAS, que consideredes precisas: Horario de atención a familias: MARTES DE 17.30 a 18.00
(avisade  a través da libreta viaxeira cuns días de antelación)
2) Ante calquera dúbida, explicación ou pregunta falade coas titoras. Emprego da LIBRETA VIAXEIRA.
3) Todas as semanas iremos á BIBLIOTECA DO CENTRO para coller un libro emprestado. Hai que devolvelo ao cabo dunha semana ou podemos renovalo unha semana máis.
4) Educación física  terá lugar os martes e os xoves (1º e 2ºB) e os luns e mércores (2ºA), é preciso que os nenos/as veñan coa muda e o aseo (toalla e xabón) para non permanecer suados coa camiseta.
5) Ante cambio de domicilio ou de teléfono debedes avisar na secretaría para poder facilitar a comunicación centro- familia.  (teléfono do centro 886 110220)
6) Levamos conta das faltas de asistencia, por iso cópre que as xustifiquedes.Se sabedes previamente que o voso fillo/a vai faltar, facédenolo saber por  medio da libreta viaxeira. O mesmo procedemento para as saídas que acontecen dentro do horario escolar.

Para poder acceder ao blogue dunha maneira doada descargade o lector de código de barras QR através do google play e pasadeo por riba deste código que vos levará directamente ao blog do Ciclo.
Este  blogue está diseñado co obxectivo de  introducilos nesta ferramenta a partir da creación das propias  novas redactadas por eles e elas mesmas. Aqueles que teñades internet dádelle a importancia de interesarvos polo traballo que está a realizarse na clase. Ademais de elaboración de novas proporemos e faremos buscas de información, vídeos e tamén actividades on line para que practiquen na casa os temas que iremos dando nas diferentes áreas.
 8) Para ter unha boa expresión e comprensión lingüística é preciso ler moito, de aí que sexa moi conveniente que o/a  voso/a fillo/a lea todos os días na casa, a poder ser sempre no mesmo momento do día para convertelo nun hábito para elas/es, e sobre todo ó principio, acompañalas/os.
9) Por último non esquezades que É MOI IMPORTANTE :
A puntualidade.
Alimentos naturais para o recreo e residuo cero.
Traer o material: chandal,aseo, libros, L.VIAXEIRA.
Contribuir coa igualdade de xénero tanto nos xogos como nas tarefas da casa.
Coidar os libros da biblioteca e o resto do material escolar
Ver pouca televisión
( e si é o caso que sexan programas idóneos para a súa idade.)
Deitarse  a unha hora considerable.
COLABORACIÓN:
FAMILIA - MESTRAS
Correos electrónicos titoras  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

como che pareceu esta nova?