lunes, 7 de octubre de 2019

Obradoiro de mesa paleta

Hoxe deron comezo os obradoiros, por iso, deixo os unha pequena introdución á "mesa paleta" e unhas fotiños e vídeo do primeiro grupo(isto é unha adaptación aos nosos recursos e espazos da proposta de Arno


"Arno  Stern creou os obradoiros de libre expresión, usando a pintura como vehículo para plasmar o que cada un sente, sen xuízos, sen intención de crear unha obra de arte, sen competir uns con outros. Só a intención de expresar libremente.

Sostén que él non propón unha terapia senón unha práctica que axudase ás persoas, xa sexan nenos ou adultos, a desenvolverse.

Na educación creadora, de Arno  Stern, o educador axuda aos participantes para que poidan gozar da convivencia mentres están inmersos no xogo da pintura.

Os debuxos ou pinturas que se realizan non están destinados a ser vistos ou comentados por outras persoas. Os participantes, xa sexan nenos ou adultos, non deben ser influenciados. Pintan o que desexan e deciden cando o seu traballo está terminado."



No hay comentarios:

Publicar un comentario

como che pareceu esta nova?