PARABÉNS ARTISTAS!!
jueves, 28 de noviembre de 2019
cuidame!
O noso graniño de area na loita contra o maltrato.
Nesta semana cultural queremos amosar o moito que nos poden ensinar a arte nas súas vertientes.
Disfrutade desta arte visual e musical
lunes, 25 de noviembre de 2019
cantamos o 25 N en lingua de signos
25 de novembro
día Internacional contra a violencia de xénero.
cantamos a canción
¨si tienes miedo¨ de Amaral
domingo, 24 de noviembre de 2019
a vida
Ola amigochxs!!
Estes días en ciencias estamos aprendendo o aparello reproductor feminino e masculino e como se produce o milagro da vida no interior do ventre da nai.
Aquí van uns videos para entendelo
Aquí van uns videos para entendelo
viernes, 22 de noviembre de 2019
O día de Yoel
Hoxe Yoel estivo de aniversario e convidounos a unhas deliciosas madalenas feitas por el mesmo, axudado pola súa familia. Estaban riquisísimasssss😋
PARABÉNS, YOEL!!
viernes, 15 de noviembre de 2019
a horta
A horta do colexio precisa compañía, e alá nos fomos os mais pequenos a plantar berzas para eses calóricos cocidos, ouregos e perexil, para condimentar ricos peixes,carnes, pasta, pizzas... e sobre todo fomos a horta porque precisamos estar en contacto coa natureza e sentila, xa que das plantas conseguimos, non só alimento e materiais, senón algo imprescindible para todo ser vivinte: oxíxeno!
fotografía Hugo Caeiro
martes, 12 de noviembre de 2019
O NOSO AMIGO HENRY
Amigochas e amigochos, hoxe tivemos unha fantástica e graciosa sesión de contacontos a cargo de Hugo e Martín que nos contaron o conto ¨O incrible neno devorador de libros¨,
aquí vai unha pequena mostra e o conto.
sábado, 9 de noviembre de 2019
Moitas cousas que amosar e contar
A semana pasada Nabia foi percorrer o mundo e trouxo unhas fotos e moita información desa viaxe!! Falounos, sobre todo, da evolución do ser humano :
Por outra banda, Alba amosounos fotos do novo membro co que contan na casa.. A burra cuca! Contounos algunhas anécdotas e a observación das imaxes tamén servíunos para repasar a clasificación dos animais e as súas características.
Grazas as familias de Nabia e de Alba polas fotos!!!!
miércoles, 6 de noviembre de 2019
rimando
Amigochx, mira as fantásticas rimas que fixeron xs compas de 2ºB cos seus nomes. Anímaste a facelo tí co teu nome?
xestiabecedario
Ola amigochxs!!
Hoxe recordamos o abecedario cos xestos que aprendimos en primeiro co que construímos moooitas oracións.
Anímaste a facer o abecedario enteiro?
Anímaste a facer o abecedario enteiro?
Aquí vai unha mostra!
Canto conto
Ola amigochxs!!
Hoxe houbo intercambio de lectores pois Yago e Mateo foron a ler a clase de 2ºB e Paola e Noa viñeron a clase de 2ªA ...fixéronno fantásticamente ben!!!
lunes, 4 de noviembre de 2019
NEIRA-RECÍCLATE
Amigochxs, primeiro obradoiro do NEIRA RECÍCLATE xa rematou e nel abordamos a alimentación equilibrada e saudable. Conseguimos averiguar a importancia de beber auga e facer exercicio diario, dos hidratos de carbono para que nos dean enerxía, o importante que é comer 5 pezas de verduras/froitas ao día, os lácteos que non falten e proteínas tampouco. Iso sí, o que debemos de consumir pouco ou nada son as chuches xa que son perxudiciais para a nosa saúde pola cantidade de azúcre que conteñen.
Aquí vai o video e o resultado final do noso miniproxecto da alimentación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)