domingo, 8 de marzo de 2020

Dia da muller


Co gaio do día da muller, atopámonos propostas nas que tiñamos que calcular a idade de algunha muller que cambio o mundo, ou averiguar a súa aportación á historia cos libros "Cuento de buenas noches para niñas rebeldes" ou "Pioneiras". 

Tamén tivemos a sorte de ter de convidada especial, a Luisa Martínez Lorenzo científica e autora do libro "Puf! Vaia peido". Falounos das personaxes de ciencia ficción cun perfil científico, e que habitualmente, son personaxes masculinos. Despois fixo fincapé en varias mulleres imprescindibles na historia da humanidade polas súas aportacións á ciencia. Grazas Luisa!! 

Para rematar o día, en parellas fixemos pulseiras "plin-plin" de cor morado, apoiando o día da muller








No hay comentarios:

Publicar un comentario

como che pareceu esta nova?