Ola amigochxs, as profes do 1º ciclo
elaboramos unha serie de propostas para que poidades seguir enriquecéndoos cos
contidos deste 2ºtrimestre.
Propostas de 2º primaria
MATEMÁTICAS
- Resolución dos problemas que aparecen nos anexos (Son os que foron enviados o xoves).
- Realizar sumas de ata 3 sumandos (por descomposición ).
- Realizar restas (en árbore ou coa táboa de ABN).
- Facer bubble maps "Todo sobre o número…"
- Facer series mentalmente +2 +5 +10 e -2 - 5 - 10 do 100 ata o 999.
- Investigar sobre algunha muller importante ao longo da historia e calcular cantos anos viviu/ten.
- Xogar ao sudoku, crucigramas de cálculo, escoba…
- A partir do prezo dos seguintes productos (poden ser estos ou dalgún panfleto que teñades na casa), debuxar na libreta as moedas e/ou billetes empregados para poder pagalos.
- Facer un debuxo símetrico e marcarlle o eixo de simetría.
- Cocinar en familiar. Pesar diferentes productos necesarios para a elaboración dunha receita.
- Comprobar a capacidade de distintos recipientes que teñades na casa, empregando a unidade de medida máis axeitada.
- Medir diferentes obxectos do uso cotiá, empregando a unidade de medida máis axeitada
LINGUAS
- Traballamos co xornal:
- Estructura cunha nova: marcar nunha nova o titular, o subtítulo(se o ten) a entradilla e o corpo da nova,foto e pé de foto
- Recorta e pega na libreta, os seguintes elementos da portada: cabecera, nova principal, novas secundarias, pe de foto e publicidade.
- Recorta e pega as seccións do xornal.
- Escribe unha nova insólita ou disparatada ( non esquezas a estructura).
- Co poema de Gloria Fuertes que se adxunta realiza as seguintes actividades:
Un paisaje que tenga de todo,
se dibuja de este modo:
Unas montañas,
un pino,
arriba el sol,
abajo un camino,
una vaca,
un campesino,
unas flores,
un molino,
la gallina y un conejo,
y cerca un lago como un espejo.
Ahora tú pon los colores;
la montaña de marrón,
el astro sol amarillo,
colorado el campesino,
el pino verde,
el lago azul
-porque es espejo del cielo como tú-,
la vaca de color vaca,
de color gris el conejo,
las flores...
como tú quieras las flores,
de tu caja de pinturas.
¡Usa todos los colores!
- Copia o poema nun folio con boa presentación.
- Le varias veces e se che gusta moito , podes aprendelo para recitalo na clase.
- Facer unha ilustración do poema (debuxo)
- Escolle unha ou varias estrofas e fai un caligrama.
- Con tres dos nomes que aparezan no poema ,inventa unha historia que teña un comezo, un nó e un final.
- Con eses mesmos personaxes inventa un conxuro.
- Podes inventar unha ou varias rimas cos nomes que aparezan no poema.
- Escribe o plural de 5 nomes que aparezan no poema en singular.
- Escribe en singular 4 nomes que aparezan no poema en plural.
- investiga no poema 4 palabras femininas, e 4 masculinas.
- Analiza estas oracións marcando o Suxeito(s) e o predicado(P).Tamén podes marcar o verbo e o núcleo do suxeito.
- A montaña ten moita neve.
- O pino é moi alto.
- As flores saen en primavera.
- A vaca pinta come moita herba.
- O sol seca a roupa.
CIENCIAS
- Investiga sobre as medidas que podemos adoitar para non malgastar a auga, despois, escribe un decálogo.( 10 normas)
- Elabora un bubble maps sobre un animais mamífero, un réptil, un anfibio e un peixe .
- Investiga sobre as medidas que todxs podemos adoitar para non contaminar a terra, a auga e o aire. Explica todo o que averiguaches, nun video, que podedes enviarnos ás profes.
- Que é unha máquina?Que tipos hai? Constrúe unha máquina simple e o día que voltemos á escola non te esquezas de traela.
- Plantas que curan. Busca algunha planta que teña un beneficio para a saúde.
- Planta unha cenoria. So terás que poñer a parte superior en auga ata que xerminen, despois, deberás colocalas nunha maceta. Elabora unha táboa coas observacións que realices. Investiga sobre os beneficios e coidados da cenoria.
ANEXOS
Problemas matemáticos
Bubble maps: é unha técnica moi apropiada para que xs pequenxs comecen a adquirir técnicas de estudio, xa que consiste en estructurar a información relativa a un tema .
Propostas de 1º primaria
LINGUAS
- Facer lectura diaria dun conto e comentalo con alguén da casa.
- Crear na libreta viaxeira, ou noutra, unha frase que comece por “Hoxe…” e
na grafomotricidade. Se a destreza é maior, que elaboren un diario ou que vaian imaxinando
un conto ao longo dos días.
un conto ao longo dos días.
- Facer un debuxo acompañando á frase, diario ou conto, anterior.
- Escribir e repasar os días da semana.
- Escribir e repasar os meses do ano.
- Facer conteo con Garavanzos, Lentellas ou Grans de arroz:
- Agrupalos de dez en dez
- Coller os que xunta a/o nena/o máis os que xunta quen estea con ela/el e ver
- Facemos montóns e contamos cantos hai en total (tede en conta que cada
se sintan mal por non coñecer algún número. A aprendizaxe ten que ser algo gustoso,
non frustrante.)
- Con números baixos facer restas, en situacións reais. “Se ti tes 5 garavanzos
- Contar cousas que haxa na casa, cantando os números, por exemplo: libros, fotos,
exacto. (Lembrade que buscamos que aprenda a contar e se divirtan, non facer un
inventario da casa).
- Buscar formas xeométricas no lugar que vos atopedes e debuxalas na libreta,
Exemplo: Debuxo e pinto a mesa do salón. Póñolle o nome: “mesa” “cadrada”
debaixo do debuxo.
Buscamos: cadrados, rectángulos, círculos e triángulos, se recoñecen algunha forma
máis que a poñan tamén.
máis que a poñan tamén.
CIENCIAS
- Realizar estiramentos polas mañás nomeando as partes do corpo que imos mobilizando: nocelo, xeonllos, cadeira, ombreiros, pulso, cóbado, pescozo, costas.
- Debuxarse e apuntar o nome das distintas partes do corpo.
- Facer unha árbore, ben sexa debuxada, recortada, con cartón, foam ou calquera material e poñerlle o nome ás distintas partes: raices, tronco, froitos, pólas, follas.
- Escribir na libreta ou nun folio, o día da semana que é e facer un debuxo do tempo que vai: sol, sol con nubes, néboa, chuvia, arco da vella ou vento.
Exemplo: luns, 16 de marzo de 2020
(Debuxo) sol con nubes
Deixámosvos tamén unha listaxe de iniciativas de Apps que están ofrecendo, de balde,
os seus contidos Premium para axudar a que sigan xogando e aprendendo dende a casa.
os seus contidos Premium para axudar a que sigan xogando e aprendendo dende a casa.
*Academons Primaria*: a App de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso a todo o
seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua Castelá, Inglés, Ciencias e Science
http://bit.ly/Academons_Gratis
seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua Castelá, Inglés, Ciencias e Science
http://bit.ly/Academons_Gratis
*Ta-tum*: do grupo editorial Edelvives, ofrece acceso de balde ata o mes de xullo a esta
plataforma para o fomento da lectura http://bit.ly/Edelvives_Tatum
plataforma para o fomento da lectura http://bit.ly/Edelvives_Tatum
*Smartick*: esta App está ofrecendo acceso 15 días de balde, á súa App para repasar as
matemáticas. http://bit.ly/Smartick_15
matemáticas. http://bit.ly/Smartick_15
*Genially*: a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece, por un tempo limitado,
as súas plantillas e recursos Premium en aberto http://bit.ly/Genially
as súas plantillas e recursos Premium en aberto http://bit.ly/Genially
*AMCO*: Acceso aos xogos de Mates e Lingua Castelá da súa App Eduzland de balde,
por un tempo limitado https://amconews.es/eduzland/
por un tempo limitado https://amconews.es/eduzland/
*Smile and Learn*: esta App para as/os máis pequenas/os da casa, está ofrecendo acceso
aberto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos. http://bit.ly/smile_learn
aberto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos. http://bit.ly/smile_learn
*Cerebriti Edu*: ofrece os seus máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria en aberto
ata final do curso http://bit.ly/Cerebriti_Edu
ata final do curso http://bit.ly/Cerebriti_Edu
Desexámosvos moitos ánimos para levar estes días, en nada estaremos no cole todxs
novamente.
novamente.
Unha aperta virtual xigante!
TITORAS 1º e 2º
No hay comentarios:
Publicar un comentario
como che pareceu esta nova?